Antes de nada: Marta ten maleta! Pero supoño que quererá facer unha entrada sobre eso (se é que non a está facendo agora) así que voume centrar no día de onte.
Pola mañá non tivemos clase pero co rollo da maleta ao final pasóusenos a mañá, e eu apunteime de voluntaria para o Studio Festival. É un festival que organiza a Norwegian Student Society que ven sendo a que leva todos os saraos (ou case todos) do campus. É dicir, a que organiza as festas. A vantaxe de ser voluntaria é que se o fas 3 días consegues free membership, ser membro sen pagar. E sendo membro consegues todas as cousas máis baratas. Ademais danche unha camiseta e van organizar un cabin trip para os voluntarios en setembro, que consiste en ir a unha cabaña ao norte de Oslo a pasar a fin de semana (pero non sabemos moi ben se quedan plazas para iso).
Vamos, que alí me fun eu, sen comer (se 2 plátanos e un muffin non contan como comida), á carpa que había en Bislett. Dende as 4 ata as 6 non había ninguén así que nos puxemos a xogar aos dardos e escoitar música. De vez en cando había un chico moi simpático que recordaba que había que falar en inglés para que nos enteráramos de algo. Logo deberon de chegar unhas 10 persoas. Non era precisamente un éxito. Intentaron ensinarme como poñer as cervexas, e foi unha pena que non se organizase ese día a festa da escuma. Era un pouco frustrante. Logo mandáronnos para a outra carpa na que había algo máis que facer, e por fin conseguín poñer a cervexa!
Cando rematou o turno, sobre as 9.30, déronme un cupón de 3 cervexas e marchei para casa, a deixar os plátanos que comprara para a miña saudable comida e fun buscar a Marta.
Pola noite fomos á festa de Law, no centro da cidade, nun pub bastante pijo pero con boa música, ata as 12 que collimos o último metro e pa casa a cear!
Hoxe intentamos ir a Ikea a por un colchón barato (para visitas) que resultou non ser tan barato. Así que non compramos o colchón pero si unha lámpara, toallas, espello e tuppers.
E agora marchamos outra vez ao Studio, a ver se hoxe hai máis xente.
Sabe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario