domingo, 19 de agosto de 2012

Sunday


Hoxe fomos en barco a pasar o día nunha das illas. Despois do día terrible de onte (moita choiva), hoxe facía solazo e calor. As illas son unha pasada. Na que fomos nós había moitas casiñas pequenas de madeira, pero sen muros que as separasen e todo era moi curriño e estaba moi coidado. Fomos a unhas rocas onde nos instalamos para facer a barbacoa e bañámonos un bo rato, porque a auga non estaba nada fría e había un muelle cun trampolín para tirarse e unha plataforma... vamos, unha gozada!

E para rematar o día fomos a un concerto de jazz (gratis, por suposto) que resultou ser moitísimo mellor do que esperabamos. A banda chámase Frank Znort Quartet, pero deben de ser unhas 15 ou 20 persoas que fan un show xenial.

Este foi, polo menos para min, un dos mellores días ata agora. Mañá empezamos as clases, a ver que pasa!

Sabe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario