Proseguimos o relato da nosa aventura onde o deixáramos. Despois de durmir unha noite no ximnasio de Kringsjå madrugamos para ir recoller as chaves da habitación e comprobar que Marta seguía homeless.
En canto á habitación hai disparidade de opinións (dúas, concretamente): Marta di que é pequena e eu digo que é grande. Hai unha cama, un escritorio, unha mesa (con función todavía non asignada), unha estantería bastante fea (igual que a mesa) e uns caixóns. A fiestra é moi grande e, como poderedes observar cando teñamos o cable da cámara (cando chegue a maleta grande!), ten unhas fantásticas vistas (e máis agora que aínda non hai cortinas).
No piso en cuestión somos unhas 8 persoas, das que só coñecemos 4. Hai un chico de Tanzania que está facendo a tese, outro chico non identificado e unha nai cunha nena pequena. Non me preguntedes os nomes. O baño compartímolo con outra persoa pero, aquí está a cuestión, non sabemos se hai xente na habitación de ao lado. Aínda que polo silencio destes dous días deducimos que non, no armario do pasillo hai cousas (incluída unha maleta) que nos fan pensar que si. Seguiremos informando sobre este tema.
En canto á actividade ao longo do día de onte, podemos definila como gastro-caótica. Despois de inspeccionar a habitación fomos á universidade a que nos firmasen os papeis da beca. O seguinte paso foi intentar que nos desen a tarxeta de transporte tan marabillosa da que nos falaran (por unhs 50 €/mes podes viaxar unlimited en metro, barco, bus...), xa que cada viaxe en metro nos estaba custando 4 eurazos! O problema é que para que nos desen esa tarxeta co desconto necesitabamos o carnet de estudante da Universidade de Oslo (UiO). A súa vez, para ter ese carnet temos que estar rexistradas, e para estar rexistradas necesitabamos uns códigos que nos darían a semana que ven. Como non podiamos seguir pagando tanto tivemos que ir varias veces a 4 oficinas distintas para conseguila. Con todo este follón deron as 12.30 e todavía non almorzaramos, así que fomos a unha cafetería mentres a xente xa rematara de comer (horario noruego). Despois de almorzar fixemos algo máis de papeleo e sobre as 5 fomos ao barrio dos inmigrantes a comprar, e comimos nun Subway (á hora de cear en Noruega),obligadas a beber auga con gas, co que nos pasamos a comida axitando a botella. O barrio en si é bastante bonito, con casas pequenas e moita xente pola rúa. Compramos leite, galletas e algo de froita para ir tirando. Despois volvimos á resi a descansar (tanto descanso que fomos durmir ás 10). E como non, levantámonos cedo (en parte pola luz, xa que empeza a ser de día sobre as 5 da maña, ou antes).
E hoxe, como boas estudantes Erasmus, fomos ao Ikea! Tampouco se pode dicir que nos désemos moita présa por chegar. Á unha collimos o bus gratuíto, e pasamos aprox. 2 horas comprando o básico para os primeiros días: nórdico, fundas e almofada (que realmente é un coxín), toallas, trapos, un tupper e pouco máis.
Mortas de cansancio, arrastrámonos cara a saída e collemos o bus de volta. E así ata agora, que probablemente vaiamos a comprar comida (de verdade).
Un bico!
Sabela e Marta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario