domingo, 12 de agosto de 2012

Sunday

Hoxe foi un día moi divertido xD

Conseguimos durmir un pouco máis do normal a pesar da luz que entraba (definitivamente necesito cortinas). Así que pouco despois de levantarnos rematamos o arroz de onte e fomos a Vila Eika ás 15h porque había organizado un evento, "Waffles and sim card". Básicamente era un chanchullo que debe de ter o ESN (Erasmus Student Network) con Chess, que é unha compañía telefónica noruega, e leváronnos a todos os Erasmus a comprar a tarxeta sim. Estar está ben, porque por 50 NOK danche a tarxeta con 50 NOK e chamadas gratis entre clientes de Chess (que son básicamente todos os Erasmus). O que é unha pasada é que cando chegabas á mesa onde che collían os datos e cha vendían, tras facer unha cola, preguntei como eran as tarifas e dixeron que non sabían, que se quería sabelas que mirase en internet. En fin. A parte positiva era que daban waffles gratis :D

Logo nos atopamos cunhas chicas que coñecimos onte na festa (unha de Singapore e outra de Canadá), e outra de San Francisco. Tras un rato no campus (impresionante campus por certo), decidimos ir ao lago que está, literalmente, a 5 minutos da residencia. O sitio é unha pasada, rodeado por bosque e cunha pequena illa no medio. Non puidemos resistirnos a bañarnos! E por certo, a auga non está nada fría.

Despois dun rato tomando o sol fomos cear a Sogn, a outra residencia, a onde se pode ir andando. Invítáronnos a unha pasta moi rica e coñecimos a unha chica eslovaca e a outra de Taiwan que xa leva un ano aquí e nos deu información moi interesante.

E mañá comeza a Orientation Week, a ver que tal!


Sabela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario