miércoles, 17 de octubre de 2012

Sobre General Toxicology

A semana pasada rematamos o primeiro dos cursos que tiñamos, General Toxicology. En xeral podo dicir que me gustou. O primeiro bo é que, ao ser xeral, puxérona de primeira e só ter unha asignatura é un puntazo. Tiñamos clase todos días, 1 hora e media, con descanso de 15 min no medio. O descanso, así como o final da clase, era sagrado, e se o profesor se pasaba un minuto pedía perdón. Tivemos varios profesores (5 ou así), e había de todo. O que era o principal é moi majo, de feito nos descansos se ía tomar café cos alumnos (que se ve que xa coñecía de antes) pero daba as clases un pouco liosas. Tamén tivemos un profe moi bo e majo, e un tipo loco que non sabe nin o que di (e que agora nos dá Human Toxicology, yuju). Este é un exemplo de que, desgraciadamente, aquí tamén poden ser MOI chapuzas coas presentacións. Di que si! Para que borrar puidendo tachar?

Para os descansos hai unha sala enfrente da clase, bastante grande, con sofás, nevera, micro, máquina de café... para a nosa clase! Pero tampouco é que faga moita falta porque os alumnos durante clase comen e beben. Pero a lo bestia. Vamos, que aparte de auga e café, toman zumes, batidos, plátanos, iogures... ensaladas de pasta, traen as especias para condimentar... están locos! Bueno e en clase tamén é típico descalzarse (e na biblio).
En canto ao nivel... depende. Ao principio parecía moi difícil, e a xente facía preguntas superrebuscadas e destas de razoar e todo! Jaja. Pero bueno, o inglés entendíaselle perfectamente a todos. Despois, como nos daban preguntas cada semana, e sería o que entraría no exame, aínda que foi moito curro, pois xa sabes o que entra e non (debería) haber fallo (aínda non sabemos a nota!). Esto de que aos Erasmus lle poñen as cousas máis fáciles dubídoo moito, empezando porque a nota do exame é o 100% e o exame é anónimo (by the way, no exame estaban todos co plátano, zume e galletas jeje).
E creo que esto é o que tiña que dicir sobre a asignatura xD.


Sabe.


No hay comentarios:

Publicar un comentario