miércoles, 3 de octubre de 2012

Hei!

Esto está un pouco abandonado...

Estes días estamos de "vacacións", porque hai unha semana sen clases de noruego e xa case non temos clases de Toxicology. O problema é que mañá mesmo temos exame de verbos de noruego (si, si, como os de inglés) e o luns de Toxicology. Final. Pero para que non cunda o pánico estamos indo a todas as clases de baile que atopamos, que veñen sendo Jazz, House e Hip hop (esta última aínda non a probamos pero xa se andará).

Así que estes días non hai moitas novidades. A boa noticia é que xa non nos sentimos tan tontas en clase porque están todos igual de nerviosos polo exame (salvo algunha excepción alemana) e aquí tamén se fan preguntas do tipo: "esto entra?", o cal demostra que por moi noruegos que sexan seguen sendo humanos.

O martes que ven partimos para Turku a visitar a Alfonso así que xa vos contaremos que tal por eses lares.

Sabela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario