Mentres Marta redacta a historia de Turku (preparádevos jaja), o tempo pasa en Oslo e acércase o inverno!
Esta mañá ao espertar tiña un SMS de Marta dicindo que mirase pola ventá. Levanteime cabreada pensando que era de onte e que se vira a aurora boreal, pero cando corrín as cortinas vin isto:
É dicir, que cando me deitei non estaba nin nevando, e cando me levantei (unhas 9 horas despois, non vos vaiades pensar que non madrugo jaja) estaba todo así de branco.
No camiño do meu edificio á estación do metro tiven oportunidade de sentirme torpe e patosa peeeeero non caín (cousa que según din vai pasar si ou si). O problema é que polos camiños a neve é pouca e está moi compacta, medio xeo, e resbala moito.
Aínda así non fai moito frío (agora hai uns 0ºC), así que o máis probable é que se derrita, porque para os próximos días non dan moita neve (creo).
Sabela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario