martes, 24 de julio de 2012

Entrada só apta para futuros Erasmus

Aviso de que esta entrada é un pouco coñazo pero pode ser interesante para aforrar tempo e comeduras de tarro a quen pense irse de Erasmus.

Supoño que se pode dicir que a idea do Erasmus ven de cando Andre e eu comezamos a planear irnos xuntas. Ao final resultou que imos o mesmo ano, pero non ao mesmo sitio.
Realmente cando se concretou a idea foi o verán tras rematar 1º de Bioloxía. O plan era, nese verán, informarme perfectamente sobre todas as posibles universidades de destino, o nivel das clases, as asignaturas, o idioma, o país, as residencias, becas, horarios, e a talla media de sombreiro de copa da poboación estudiantil. Pero a realidade era moito máis bonita: as páxinas web das universidades son infernais bucles de links, os profesores que che deben informar ou pasan de ti ou non se enteran, descubres a marabillosa oficina de relacións internacionais (a nosa querida ORI) onde é máis difícil realizar un trámite nun só día que que che coincidan os resultados nunha práctica de laboratorio. Unha vez que sabes o que hai, xa vas ao práctico. Tomas as decisións de dúas formas: mandas un correo para preguntar, ou a boleo.
É unha pena non ter un motivo moi romántico polo que escoller Oslo, pero o certo é que foi por descarte. Quería que as clases fosen en inglés, e iso deixábame 3 opcións: Polonia, Reino Unido e Noruega. Polonia non me interesaba porque (oh, sorpresa!) unha das prioridades era que o nivel fose bo, e polo que oín non era o sitio axeitado. Polo mesmo motivo descartei Reino Unido (e porque só había unha praza xD). Así que me quedaba Oslo, que unha vez escollida, souben que foi unha boa elección (a excepción dos cartiños). E outra vez a comernos o coco mirando as asignaturas que tiñamos que coller, ilusas de nós, pensando que antes de decidir a onde ir estudar un curso enteiro deberiamos saber que asignaturas nos ofrecían. Pero non, ti primeiro escolles a onde vas e logo se non che gustan as asignaturas é problema teu.
Xa que despotrico tanto, como punto positivo teño que dicir que a coordinadora non nos puxo ningún problema para convalidar asignaturas. Ademais, descubres que a información máis importante sempre che vai vir da xente que xa estivo alí. O que non podes facer e fiarte de quen se supón que ten que estar informado, e sempre sempre contrastar a información.

Bueno, creo que dou por rematada esta primeira e aburrida entrada, espero que as seguintes sexan máis majas ^^


Sabela

1 comentario:

  1. Boas!
    Paréceme unha idea increíble a de facer un blogue sobre o tema. A min pasoume precisamente o que comentas: ó final rexeitei o erasmus en Holanda (polo tanto, xa non podo pedir unha beca erasmus nunca máis) porque as asignaturas que me prometerán, á hora da verdade, non podía collelas. E para perder un ano, académicamente falando, non me compensaba.
    En xeral penso que a idea é boa non só para os que vaian a Oslo senón para todo aquel que teña pensado facer un erasmus, para ter unha idea de como vai o asunto.
    Por outra banda, en favor da administración, hai que dicir que polo menos na USC comezaron este ano a pedir permiso ós erasmus para facer listaxes con correos electrónicos segundo o destino e a carreira para vindeiras convocatorias, espero que o aproveiten moito as novas xeracións!
    Sorte por Oslo, seguirei pasando por aquí para ver como che vai!
    Un bico!

    -Rebeca.

    ResponderEliminar