miércoles, 12 de septiembre de 2012

Resumetetet

Levamos moito tempo sen actualizar así que intentarei facer un resumo moi resumido destes días.

A semana pasada estivo Héctor de invitado, e a verdade é que tivo moi boa sorte co tempo co cal puidemos ir ver os lagos (porque resulta que hai outro tamén moi cerquiña!) as illas (Langøyene e Hovedøya, as dúas moi bonitas), a Opera House (outra vez!), o campus (aínda que eu xa o vexo a diario) e demos un paseo polo centro. A eso hai que sumarlle algunha que outra cea, kitchen party (básicamente reunirse nalgunha cociña), e festa propiamente dita en discoteca (que xa sabedes que a Héctor é o que lle mola). Pois iso, que moitos italianos e alemáns e moito falar inglés (ah! si, e estudar polas mañás, en serio jaja).

Este venres había barbacoa no lago polo cumple dunha das italianas, que rematou cunha considerable fogueira porque si, xa empeza a facer frío. O sábado kitchen party e o domingo BLÅ. Iso polas noites, porque os días se van facendo un pouco aburridos co cal non queda máis remedio que estudar (e intentar facer a colada sen éxito). Peeeeero onte apuntámonos por fin ao ximnasio así que xa temos plan para as tardes. O ximnasio queda moi cómodo porque está no medio e medio do campus.

Un bico a todos!
Sabela.

2 comentarios:

  1. Así me gusta, que os poñades en forma.
    Tedes que quitar a verificación de palabra, que é un rollo.

    ResponderEliminar
  2. Bótanse de menos as entradas neste blogue :)
    Pero iso quere dicir que estades a disfrutar :D
    Xa nos contaredes :D

    ResponderEliminar