lunes, 5 de noviembre de 2012

Halloween + opera

A neve xa se derretiu e estes días facía unha temperatura máis agradable, aínda que parece que volve a enfriar agora.
Esta finde dinme conta de que por fin empezo a pillar algunhas cousas en noruego! Houbo bastantes festas e oportunidade para practicar algunha frase, sobre todo se levas a cara ensangrentada (maquillaxe de Halloween!) e a xente che para pola rúa para preguntar se estás ben jaja.
E esta finde deunos por ir á Opera Hus a ver Madame Butterfly! 



É das cousas máis famosas de Oslo, e tiña ganas de vela por dentro. A entrada foi superbarata, 100 kr (uns 13€), pero pola sinxela razón de que non tiñamos asiento! Había que estar de pe, o cal se fixo bastante eterno pero acabamos sentados nas escaleiras. Tamén foi un fallo grande non mirar de que ía antes de ir, porque non se entendía nin papa. Aínda que había subtítulos en noruego (que se os mirase dende o principio igual me enteraba).

Esta tarde hai un evento no lago que non teño moi claro de que vai, pero parece divertido (fogueiras, música...).

Sabe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario