Por fin! Non sempre hai sorte pero onte veuse a Aurora Boreal dende Oslo!
Un dos tipos que leva unha páxina de Facebook dos Erasmus xa avisara no grupo, pero non había garantía de que se vise, non se pode saber seguro. O que si había era unha noite despexada e estrelas fugaces (ademáis de un cometa do que non me enterei jaja).
Ás 11 quedei con uns que ían ao lago (2 gregos e unha canadiense) e logo alí nos atopamos con uns franceses.
A primeira hora pasámola intuindo (ou imaxinando) unha claridade tralos montes. Aínda así, a noite estaba preciosa, cheísima de estrelas, e con estrelas fugaces (as cales eu non vin, pero é como cando vexo un partido de fútbol sempre me perdo os goles jaja). E todo isto mirando cara o lago (e cara o Norte). Por certo, as beiras do lago estaban conxeladas, co cal reflexaba un montón.
Despois, a luz empezou a ser máis intensa, ata verse claramente a zona con luz. Iso si, era prácticamente blanca (pouco verde). E logo comezaron a aparecer como haces de luz dende abaixo. Un dos franceses saca moi boas fotos, e como tiña trípode puido expoñela moito. Aviso de que non se vía tan verde! É cousa da foto jaja
E despois, o máis impresionante de todo, unha especie de luz apareceu no centro e comezou a moverse. Había máis xente no lago e todo o mundo estaba flipando! Era como unha pantasma... non sei, difícil de describir. Todo o mundo estaba feliz!
Sabe.