O venres pola mañá partimos cara
Tromsø en avión dende Gardermoen. A viaxe eran case 2 horas polo
que, polo menos eu, aproveitei para durmir (perdéndome as vistas ao
chegar, pero mereceu a pena igual jaja). Tromsø está moi ao norte,
dentro do círculo polar ártico (soa ben), pero a cidade era máis
grande do que pensaba. É unha illa conectada por dúas pontes ao
resto dos fiordos. Co tempo tivemos sorte, non nevou e facía uns
-4ºC.
 |
Vistas ao saír do aeroporto |
Cando chegamos fomos á Turist info a
que nos informasen e a deixar as maletas. Despois decidimos ir ao
xardín botánico. Collimos un bus e dixémoslle ao buseiro que nos
avisase da parada. Olvidouse. Pero resulta que era un tipo supermajo,
que nos comezou a dar conversación, e nos acabou levando ata o mesmo
xardín unha vez que rematou a ruta. Problema: o xardín era só
exterior, co cal nos atopamos unha preciosa paisaxe branca e nada
máis. Primeiro fallo jaja.
Despois fomos aos museos que eran
gratis (arte e cousas raras) ata as 6. A esa hora tiñamos que estar
nun hotel para que nos recollesen os que organizaban o dos trineos de
cans.
Cando chegamos ao sitio en cuestión
(fóra da illa), pagamos (auch!) e déronnos roupa axeitada (un mono,
botas, gorro, guantes, calcetíns, etc). Antes de cear estivemos cos
cans. Teñen uns 300 huskies e todos son moi cariñosos. Tamén son
máis pequenos do que me imaxinaba. Cando se altera algún, os outros
se unen e comezan a aullar como lobos.
De cea tivemos un caldo e reno guisado
con verduras. E todos marcharon menos unha parella de chinos e nós,
que nos quedabamos a durmir na tenda sami. Intentamos ver a aurora
pero non houbo sorte, pero dimos un paseo pola zona moi chulo (como
había moita lúa e neve, víase perfectamente). A forma da tenda era
como a dos indios, pero de madeira e aberta por arriba para que saia
o fume da fogueira que hai no medio. O chan eran pedriñas que
estaban cubertas con peles de reno, así como as almofadas e as
“camas”. Durante a noite apagóusenos a fogueira así que nos
levantamos un pouco conxelados jaja.
Pola mañá almorzamos un pouco de todo
(leite, café, torradas, marmelada, froita, embutido blablabla) e
despois empezaron a preparar os cans para os trineos. Nos trineos un
ía dentro e outro conducía (conducir era só frenar de cando en
vez, porque os cans xa saben por onde ir). Cinco cans tiraban do
trineo, 2 diante, un no medio e 2 detrás (“os swingers”, que
xiran á dereita ou esquerda). Todos moi listos. O paseo non foi moi
longo (1 hora e pico probablemente) pero as paisaxes eran
impresionantes.
Antes de marchar déronnos a comida,
que estaba riquisísima: reno en tiras con setas, puré de pataca,
grosellas vermellas e salsa, creo que de setas. A comida moi sami
pero o cociñeiro tiña un acento francés moi gracioso.

De volta en Tromsø despois de comer
fomos a outros museos gratis e sobre as 6 da tarde vimos o que
parecía a aurora boreal! Entón marchamos correndo para as cabañas
(onde durmiríamos a segunda noite) ao pé dunha montaña, para ver
mellor as luces. A cabaña era moi curriña (e pequena) e todo
arredor era moi bonito. Deixamos as cousas e despois de cear fomos a
pasear a ver se víamos algo. Xa nas cabañas se empezou a ver un
montón, pero viñan e marchaban. Entón collimos un bus que nos
levou a unha montaña e había unhas vistas preciosas. Como estaba
moi escuro aínda se vía mellor. Despois nos acercamos ás casas, ao
lado da Catedral do Ártico (moi chula) e volvéronse a ver as luces
do norte. A xente camiñaba sen sequera mirar para elas. (Por certo,
moita xente se move nunha especie de trineo moi gracioso, xa sexan
nenos ou maiores con bolsas). Finalmente nos estabamos conxelando un
pouco e marchamos á cabaña.
 |
Aurora dende as cabañas. |
 |
Aurora eTromsø ao fondo. |
 |
Katrien e eu moi casual. |
 |
Catedral do Ártico (e aurora ao fondo, de verdade jaja) |
 |
Montaña ao lado das cabañas. |
Ao día seguinte fomos ao acuario,
Polaria: un desastre! 70 coroas por 4 estanquiños con peixes e 4
focas... nada máis! Moito mellor o de Coruña, onde vai parar.
E nada máis, un agradecemento dende
aquí á oficina de turismo que nos gardou as maletas durante un 80%
da viaxe jaja.
Sabe.