miércoles, 6 de febrero de 2013

Tromsø


O venres pola mañá partimos cara Tromsø en avión dende Gardermoen. A viaxe eran case 2 horas polo que, polo menos eu, aproveitei para durmir (perdéndome as vistas ao chegar, pero mereceu a pena igual jaja). Tromsø está moi ao norte, dentro do círculo polar ártico (soa ben), pero a cidade era máis grande do que pensaba. É unha illa conectada por dúas pontes ao resto dos fiordos. Co tempo tivemos sorte, non nevou e facía uns -4ºC.
Vistas ao saír do aeroporto

Cando chegamos fomos á Turist info a que nos informasen e a deixar as maletas. Despois decidimos ir ao xardín botánico. Collimos un bus e dixémoslle ao buseiro que nos avisase da parada. Olvidouse. Pero resulta que era un tipo supermajo, que nos comezou a dar conversación, e nos acabou levando ata o mesmo xardín unha vez que rematou a ruta. Problema: o xardín era só exterior, co cal nos atopamos unha preciosa paisaxe branca e nada máis. Primeiro fallo jaja.

Despois fomos aos museos que eran gratis (arte e cousas raras) ata as 6. A esa hora tiñamos que estar nun hotel para que nos recollesen os que organizaban o dos trineos de cans.
Cando chegamos ao sitio en cuestión (fóra da illa), pagamos (auch!) e déronnos roupa axeitada (un mono, botas, gorro, guantes, calcetíns, etc). Antes de cear estivemos cos cans. Teñen uns 300 huskies e todos son moi cariñosos. Tamén son máis pequenos do que me imaxinaba. Cando se altera algún, os outros se unen e comezan a aullar como lobos.


De cea tivemos un caldo e reno guisado con verduras. E todos marcharon menos unha parella de chinos e nós, que nos quedabamos a durmir na tenda sami. Intentamos ver a aurora pero non houbo sorte, pero dimos un paseo pola zona moi chulo (como había moita lúa e neve, víase perfectamente). A forma da tenda era como a dos indios, pero de madeira e aberta por arriba para que saia o fume da fogueira que hai no medio. O chan eran pedriñas que estaban cubertas con peles de reno, así como as almofadas e as “camas”. Durante a noite apagóusenos a fogueira así que nos levantamos un pouco conxelados jaja.
Pola mañá almorzamos un pouco de todo (leite, café, torradas, marmelada, froita, embutido blablabla) e despois empezaron a preparar os cans para os trineos. Nos trineos un ía dentro e outro conducía (conducir era só frenar de cando en vez, porque os cans xa saben por onde ir). Cinco cans tiraban do trineo, 2 diante, un no medio e 2 detrás (“os swingers”, que xiran á dereita ou esquerda). Todos moi listos. O paseo non foi moi longo (1 hora e pico probablemente) pero as paisaxes eran impresionantes.

Antes de marchar déronnos a comida, que estaba riquisísima: reno en tiras con setas, puré de pataca, grosellas vermellas e salsa, creo que de setas. A comida moi sami pero o cociñeiro tiña un acento francés moi gracioso.

De volta en Tromsø despois de comer fomos a outros museos gratis e sobre as 6 da tarde vimos o que parecía a aurora boreal! Entón marchamos correndo para as cabañas (onde durmiríamos a segunda noite) ao pé dunha montaña, para ver mellor as luces. A cabaña era moi curriña (e pequena) e todo arredor era moi bonito. Deixamos as cousas e despois de cear fomos a pasear a ver se víamos algo. Xa nas cabañas se empezou a ver un montón, pero viñan e marchaban. Entón collimos un bus que nos levou a unha montaña e había unhas vistas preciosas. Como estaba moi escuro aínda se vía mellor. Despois nos acercamos ás casas, ao lado da Catedral do Ártico (moi chula) e volvéronse a ver as luces do norte. A xente camiñaba sen sequera mirar para elas. (Por certo, moita xente se move nunha especie de trineo moi gracioso, xa sexan nenos ou maiores con bolsas). Finalmente nos estabamos conxelando un pouco e marchamos á cabaña.
Aurora dende as cabañas.

Aurora eTromsø ao fondo.


Katrien e eu moi casual.


Catedral do Ártico (e aurora ao fondo, de verdade jaja)

Montaña ao lado das cabañas.



Ao día seguinte fomos ao acuario, Polaria: un desastre! 70 coroas por 4 estanquiños con peixes e 4 focas... nada máis! Moito mellor o de Coruña, onde vai parar.

E nada máis, un agradecemento dende aquí á oficina de turismo que nos gardou as maletas durante un 80% da viaxe jaja.

Sabe.