martes, 12 de marzo de 2013

Pizza party

Ola! Sigo en Oslo aínda que polo blog non se note moito.
Esta é a última semana dun dos cursos (laboratorio) que teño, e como son tan superfantásticos e riquiños, pois van e fan unha pizza party, pero organizada polos profesores. Foron 50 coroas pero había pizza a rebentar (e si, comín pizza). Por certo que as pizzas traen boteciños con salsas para untarlle e herbas varias xD
Ademais, os supervisors (os que corrixen os lab reports) fixeron unha Quiz. Son moito de facer esas cousas en Noruega, nos bares e pubs hainas a miúdo. Unha delas era sobre o laboratorio, un pouco aburrida, pero a segunda era sobre leis americanas... están tolos estes americanos! Quédome con dúas leis: cando dous trens chegan a un cruce, ningún dos dous debe pasar ata que o outro pase; e que en non sei que estado o número Pi vale 3 xD
Bueno iso, que moi majos todos, e o noso equipo gañou unha das Quiz, así que nos deron outra bolsa de chocolatinas, e logo houbo un concurso de montar caixas para residuos do laboratorio xDDD

Sabe.

miércoles, 6 de febrero de 2013

Tromsø


O venres pola mañá partimos cara Tromsø en avión dende Gardermoen. A viaxe eran case 2 horas polo que, polo menos eu, aproveitei para durmir (perdéndome as vistas ao chegar, pero mereceu a pena igual jaja). Tromsø está moi ao norte, dentro do círculo polar ártico (soa ben), pero a cidade era máis grande do que pensaba. É unha illa conectada por dúas pontes ao resto dos fiordos. Co tempo tivemos sorte, non nevou e facía uns -4ºC.
Vistas ao saír do aeroporto

Cando chegamos fomos á Turist info a que nos informasen e a deixar as maletas. Despois decidimos ir ao xardín botánico. Collimos un bus e dixémoslle ao buseiro que nos avisase da parada. Olvidouse. Pero resulta que era un tipo supermajo, que nos comezou a dar conversación, e nos acabou levando ata o mesmo xardín unha vez que rematou a ruta. Problema: o xardín era só exterior, co cal nos atopamos unha preciosa paisaxe branca e nada máis. Primeiro fallo jaja.

Despois fomos aos museos que eran gratis (arte e cousas raras) ata as 6. A esa hora tiñamos que estar nun hotel para que nos recollesen os que organizaban o dos trineos de cans.
Cando chegamos ao sitio en cuestión (fóra da illa), pagamos (auch!) e déronnos roupa axeitada (un mono, botas, gorro, guantes, calcetíns, etc). Antes de cear estivemos cos cans. Teñen uns 300 huskies e todos son moi cariñosos. Tamén son máis pequenos do que me imaxinaba. Cando se altera algún, os outros se unen e comezan a aullar como lobos.


De cea tivemos un caldo e reno guisado con verduras. E todos marcharon menos unha parella de chinos e nós, que nos quedabamos a durmir na tenda sami. Intentamos ver a aurora pero non houbo sorte, pero dimos un paseo pola zona moi chulo (como había moita lúa e neve, víase perfectamente). A forma da tenda era como a dos indios, pero de madeira e aberta por arriba para que saia o fume da fogueira que hai no medio. O chan eran pedriñas que estaban cubertas con peles de reno, así como as almofadas e as “camas”. Durante a noite apagóusenos a fogueira así que nos levantamos un pouco conxelados jaja.
Pola mañá almorzamos un pouco de todo (leite, café, torradas, marmelada, froita, embutido blablabla) e despois empezaron a preparar os cans para os trineos. Nos trineos un ía dentro e outro conducía (conducir era só frenar de cando en vez, porque os cans xa saben por onde ir). Cinco cans tiraban do trineo, 2 diante, un no medio e 2 detrás (“os swingers”, que xiran á dereita ou esquerda). Todos moi listos. O paseo non foi moi longo (1 hora e pico probablemente) pero as paisaxes eran impresionantes.

Antes de marchar déronnos a comida, que estaba riquisísima: reno en tiras con setas, puré de pataca, grosellas vermellas e salsa, creo que de setas. A comida moi sami pero o cociñeiro tiña un acento francés moi gracioso.

De volta en Tromsø despois de comer fomos a outros museos gratis e sobre as 6 da tarde vimos o que parecía a aurora boreal! Entón marchamos correndo para as cabañas (onde durmiríamos a segunda noite) ao pé dunha montaña, para ver mellor as luces. A cabaña era moi curriña (e pequena) e todo arredor era moi bonito. Deixamos as cousas e despois de cear fomos a pasear a ver se víamos algo. Xa nas cabañas se empezou a ver un montón, pero viñan e marchaban. Entón collimos un bus que nos levou a unha montaña e había unhas vistas preciosas. Como estaba moi escuro aínda se vía mellor. Despois nos acercamos ás casas, ao lado da Catedral do Ártico (moi chula) e volvéronse a ver as luces do norte. A xente camiñaba sen sequera mirar para elas. (Por certo, moita xente se move nunha especie de trineo moi gracioso, xa sexan nenos ou maiores con bolsas). Finalmente nos estabamos conxelando un pouco e marchamos á cabaña.
Aurora dende as cabañas.

Aurora eTromsø ao fondo.


Katrien e eu moi casual.


Catedral do Ártico (e aurora ao fondo, de verdade jaja)

Montaña ao lado das cabañas.



Ao día seguinte fomos ao acuario, Polaria: un desastre! 70 coroas por 4 estanquiños con peixes e 4 focas... nada máis! Moito mellor o de Coruña, onde vai parar.

E nada máis, un agradecemento dende aquí á oficina de turismo que nos gardou as maletas durante un 80% da viaxe jaja.

Sabe.

sábado, 12 de enero de 2013

Volvendo a Oslo

Comezamos ás 7 am saíndo dende Coruña a Santiago. Despois de descubrir novas rutas cara o aeroporto (jaja) collín o voo para Barcelona, acompañada dos celestiais cánticos duns afeccionados do Celta... Gracias a iso conseguín manterme esperta xD
Ao chegar a Barcelona xa me estaba esperando Ignacio! Así que empezamos a pasear pola terminal ata que nos asentamos. Falando e lendo se nos pasaron 4 horas e decidimos ir comer ás 14pm un bocata. 
Despois pasamos o control de seguridade e volvimos esperar, pero esta vez un pouco máis cómodos. 
Ás 16.30 voamos cara Oslo (Rygge), durante 3 longas horas. Ao chegar atopámonos cunha chica que tamén estudaba en Oslo e empezamos a falar cunha de Barcelona moi maja, así que xa tivemos compañía para o que quedaba de viaxe. Dende o aeroporto de Rygge collimos un bus ata a estación de tren, e dalí o tren ata Oslo. 
Resumindo, que os meus cálculos de chegar ás 8 estaban mal, e os meus plans de saír esta noite quedaron cancelados por agotamiento mortal.

Un bico,

Sabela.